AXUDAS Á PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO E AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS ASALARIADAS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da Orde do 7 de febrero de 2017, publica dous programas de axudas:

  1. Programa I. Promoción do emprego autónomo: Dirixido a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego, que causasen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social entre o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017.

Contía da subvención: Desde 2.000 € ata 4.000 €.

Prazo de solicitude: Ata o 30 de setembro de 2017.

  2. Programa II. Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas: Dirixido ás persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade, e a segunda e terceira contratación que realicen nos tres primeiros anos dela.

Contía da subvención: Oscilarán entre un mínimo de 5.000 € e un máximo de 12.000 €.

Prazo de solicitude: As realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 13 de marzo de 2017, deberán presentarse ata o 12 de maio. As realizadas desde o 14/03/17, deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita a subvención. En todo caso, o prazo xeral para a presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrese os dous meses sinalados anteriormente.

Convocatoria arquivo adxunto.

Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (Consell Economia, Emprego e Industria-Autónomos e contrat asalariad.pdf)Consell Economia, Emprego e Industria-Autónomos e contrat asalariad.pdf 1824 Kb
Estás en News Local Development AXUDAS Á PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO E AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAS ASALARIADAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information