Medio Ambiente

Numerosos veciños de O Pino asisten á charla sobre as distancias de plantacións na lexislación galega para a prevención de incendios



Numerosos veciños encheron o auditorio da casa de cultura Luis Seoane para asistir á charla informativa sobre as distancias que deben manter as plantacións na lexislación galega tanto ás estradas como as construcións ou ás zonas agrícolas. Un técnico da consellería de Medio Rural e o axente forestal de zona foron os encargados de orientar aos veciños e darlles información útil.

Un dos principais aspectos no que incidiron tanto os técnicos como o alcalde, Manuel Tabaoda, foi no de recordarlle aos veciños que no caso que reciban unha notificación da Xunta de Galicia para que limpen os montes, unha vez que acometan esa limpeza, “hai que remitirlle un escrito ao organismo correspondente notificándolle que os traballos están feitos. Deste xeito evitarase que o expediente continúe aberto e que ao veciño lle poida chegar unha sanción económica”. O alcalde, que dirixiu o debate, recordoulle aos veciños que no concello hai xa un formulario que os veciños poden cubrir para enviar esta notificación á Xunta de Galicia.

Entre outros aspectos, os técnicos da Xunta recordaron as distancias que marca a lei como franxa de seguridade sobre as estradas, segundo a súa tipificación. Así, recordaron que no caso das estradas da Deputación, hai que deixar unha franxa de 10 metros desde o borde exterior da cuneta antes de empezar a plantación de pino ou eucalipto (no caso de frondosas serían 6 metros). Se a estrada é nacional, no Pino son a N-634 (que vai a Curtis) e a N-547 (que vai a Lugo) a distancia de seguridade é de 13 metros para pinos e eucaliptos e 9 para as árbores autóctonas, contados sempre dende a veira exterior da cuneta. No resto de viais, estean asfaltados ou non, a distancia é de 4 metros dende a beira exterior da cuneta ata os primeiros árbores.

Os técnicos tamén recordaron que a distancia sen árbores a todo tipo de construcións (casas, galpóns, depósitos, etc) ten que ser dun mínimo de 50 metros.

Así mesmo, e entre outros aspectos, os técnicos recordaron que tanto a Lei de Montes de Galicia como a Lei de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia, ou o Código Civil, son as que regulan estes aspectos.

Aqueles veciños que queiran ver a cualificación urbanística que teñen as súas fincas para saber a distancias de seguridade que deben manter, poden consultar esta cualificación no concello ou visitando a páxina web http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/inventario.php.

ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL






XORNADA DE CONCIENCIACIÓN MEDIO AMBIENTAL

O CONCELLO DE O PINO REALIZOU UNHA XORNADA DE CONCIENCIACIÓN MEDIO AMBIENTAL

O Concello de O Pino celebrou o pasado venres 16 de novembro, na Casa da Cultura de Arca, un acto dirixido aos alumnos/as de primaria do CPI Camiño de Santiago no que se fixo entrega de bolsas biodegradables para os asistentes. Ó acto asistiron os 150 alumnos do CPI Camiño de Santiago acompañados polos seus profesores, ademáis do alcalde Manuel Taboada e os Concelleiros de Medio Ambiente (Manuel Canabal) e Cultura (Eva Varela).

Esta xornada estivo protagonizada por unha pequena explicación por parte dunha técnica da Consellería de Medio Ambiente, que lles mostrou ós asistentes como reciclar e a importancia de coidar o medio ambiente, na que ademais se animou ós rapaces/as a contestar cuestións relativas ás explicacións dadas, que despois premiou con agasallos. Ó remate do acto, fíxoselles entrega a todos os/as asistentes de bolsas biodegradables de distinto tamaño, que se poden reutilizar, co fin de evitar o consumo masivo das bolsas de plástico convencionais.

 
Estás en News Enviroment

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information