O Pino acolle en maio o programa universitario ‘Camiños de coñecemento e experiencia’

O Concello do Pino participa, xunto con outra vintena de municipos da Coruña e Pontevedra, nas xornadas Camiños de coñecemento e experiencia. O programa vai dirixido a maiores de 50 anos e busca divulgar a presenza da ciencia e da protección do patrimonio no día a día. Desenvolverase durante cinco días na no centro sociocultual Luis Seoane do Pino, en Pedrouzo, e contará coa presenza de profesores da Universidade de Santiago.

Camiños de coñecemento e experiencia é un proxecto para undefineda democratización do coñecemento que busca achegar o ensino universitario a maiores de 50 anos. Varios temas culturais, científicos e de patrimonio centran as cinco xornadas formativas. A primeira delas, que tratará sobre o medio natural, levarase a cabo o día 9 de maio coa participación de José Antonio Rodríguez Añón e Jorge Proupín Castiñeiras, profesores da Facultade de Física compostelá. O día 14, a actividade sairá da casa da cultura, pois consistirá na visita ao Punto Limpo do Concello, coas explicacións dos mesmos profesores.

O día 16 de maio os asistentes poderán presenciar un concerto, da man da profesora da Facultade de Educación Laura Touriñán Morandeira. De volta no centro sociocultural Luis Seoane, Mercedes López-Mayán, da Facultade de Xeografía e Historia, falará de Historia da Cultura de Galicia. Camiños de coñecemento e experiencia remata o día 24 de maio cunha visita ao Arquivo da Catedral de Santiago da man a profesora López-Mayán.

A matrícula nas xornadas é gratuíta. Para inscribirse hai que dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello do Pino, situado na casa consistorial, en horario de 8.30 a 14.30 horas. No programa, organizado pola Universidade de Santiago co apoio da Xunta e da Deputación da Coruña, participan os concellos do Pino, Ames, A Baña, A Estrada, Arzúa, Boiro, Brión, Melide, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Oroso, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do son, Rianxo e Ribeira.
Attachments:
FileDescriptionFile size
Download this file (Programa Camiños de Coñecemento e Experiencia. Concello de O Pino.pdf)Programa Camiños de Coñecemento e Experiencia. Concello de O Pino 1116 Kb
Estás en News Culture and Education O Pino acolle en maio o programa universitario ‘Camiños de coñecemento e experiencia’

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information