Subvencións

SUBVENCIÓNS PARA REFORMA DE COCIÑAS E BAÑOS

alt

SUBVENCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DE FIESTRAS (PLAN RENOVE)

A Consellería de Economía e Industria concede subvencións para a renovación de fiestras xa existentes por outras de igual ou de inferior tamaño.

A contía máxima por vivenda unifamiliar é de:100 euros por metro cadrado de oco co límite de 3.000 euros. Nas comunidades de propietarios ou edificios de vivendas a contía será de 3.000 euros cun máximo de 50.000 euros. En calquera caso, a cantidade da subvención non superará o 25% do custo total da obra.

Os particulares que queiran beneficiarse destas axudas terán que poñerse en contacto con algunha das entidades colaboradoras, cuxo listado poden consultar aquí:

Fiestras: https://entidadescolaboradoras.xunta.es/adhesion/consulta/

Serán esas as entidades encargadas de tramitar a solicitude. O prazo remata o 30 de outubre de 2015, agás que se produza o esgotamento de crédito.

Normativa: DOG núm.119, venres 26 de xuño de 2015. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150626/AnuncioCA04-180615-0008_gl.pdf

AXUDAS PARA O EMPREGO AUTÓNOMO

A Consellería de Traballo e Benestar concede axudas para financiar proxectos empresarias cunha viabilidade económica e financeira que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Para ser beneficiari@ deste programa @s solicitantes deberán ser desempregad@s inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.

O prazo para a presentación de solicitudes de axudas remata o vindeiro 19 de setembro. As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia https//sede.xunta.es (código do procedemento TR341D), e na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar http://traballo.xunta.es

Normativa: DOG núm. 157 do 19 de agosto de 2015

+ Info: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150819/AnuncioCA05-120815-0001_gl.pdf



 

SUBVENCIÓNS PARA O REMATE DE FACHADAS E CUBERTAS, REHABILITACIÓN E RECONSTRUCCIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO DO CAMIÑO DE SANTIAGO.

SUBVENCIÓNS PARA O REMATE DE FACHADAS E CUBERTAS, REHABILITACIÓN E RECONSTRUCCIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO DO CAMIÑO DE SANTIAGO.  

DOG Núm. 152

Mércores, 12 de agosto de 2015

Páx. 33086

" III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2015 pola que se convocan as subvencións a fondo perdido para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago."


Leer máis aquí: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150812/AnuncioC3Q2-060815-0001_gl.html





CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA DIRIXIDAS A ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO


A Deputación de A Coruña publicou as bases reguladoras e específicas de subvencións dirixidas a entidades privadas sen ánimo de lucro para actividades e investimentos durante o ano 2015  de promoción económica, culturais, deportivas, servizos socias e asociativas agrario labregas.  (BOP 27 de outubro de 2014) http://www.dicoruna.es/portada

As subvencións deberán tramitarse obrigatoriamente de xeito telemático, a traves da páxina web da Deputación da Coruña:www.dicoruna.es

no enlace de Subvencións. Para poder acceder a plataforma de tramitación telemática, as entidades deberán dispoñer dun enderezo de correo electrónico, así como certificado dixital da Presidencia e Secretaría da propia entidade.

O prazo para a presentación de solicitudes remata ás 14:00 horas do vindeiro día 20 de novembro.

Para máis información:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=27%2F10%2F2014



Estás en Employment Subvencións

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information