Personaxes Actuáis

José Ramón Cólera Leirado

Fillo predilecto do Pino. Naceu o 8 de decembro de 1940. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciado en Ciencias Políticas en Madrid. Ademais de traballar na Casa do Concello do Pino como secretario, exerceu de Secretario Xeral Técnico da Consellería de Interior e Xustiza da Xunta de Galiza (1979-1983).

Cólera Leirado formou parte do equipo fundacional da Comunidade Autónoma Galega, prestou os seus servizos na Administración Local e na Institución Parlamentaria. Precisamente foi na Cámara donde desempeñou o posto de Oficial Mayor do Parlamento de Galicia ó longo de seis lexislaturas.

A súa dilixencia, compromiso, responsabilidade, equilibrio, ponderación e discrección ó longo da súa carreira profesional fano merecedor do recoñecemento a súa persoa e labor, fireron que O Concello de O Pino, en sesión plenaria celebrada o 30 de xuño de 1986, decidisen conceder por unanimidade, o título de Fillo Predilecto deste municipio, “como proba de afecto e recoñecemento ós méritos contraídos”.



Estás en Coñece O Pino Historia Personaxes Actuáis

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information