Economía

O saldo de poboación no ano 2015 é de 4.706 habitantes. O Concello de O Pino atópase no rango de municipios de entre 1.001 e 5.000 habitantes concellos limítrofes de Frades, Boqueixón e Touro.

Con respecto ós sectores de actividade, obsérvase que a maior parte dos traballadores están empregados no sector servicios, seguido pola agricultura, a industria e por último a construcción.

Sen embargo, respecto ás empresas constituídas no Concello de O Pino por sectores de actividade, a maior parte son do sector servicios (58,10%), seguidos pola construcción (20%) e a industria (14,29%). O número de explotacións agrícolas escasamente chegan ó 8%, concrétamente o 7,62%.

A maior parte da superficie do Concello de O Pino está destinada a especies forestais, que ocupan case a metade da superficie do municipio (47,06%). As extensións destinadas a pastos ocupan o 26,86% da superficie de O Pino, das cales a metade están destinadas a pastizais.

A proporción destinada a herbáceos (horta, invernadoiros e terras arables) ocupa o 17,51% e a superficie de explotacións leñosas tan só representa o 0,50% do total. No relativo ó sector secundario cabe sinalar que a metade das explotacións divídense nun 41,67% en industrias manufactureiras e un 58,33% en empresas de construcción. Fixándonos no número de traballadores empregados en ditos sectores, pode observarse que a porcentaxe é inversamente proporcional, dado que un 52,29% están empregados nas industrias manufactureiras e o 47,71% restante na construcción.

No tocante ó sector servicios do Concello de O Pino, a metade das empresas existentes no municipio teñen actividades de comercio ao por menor de productos non alimentarios, destacando as empresas de equipamento do fogar, bricolaxe, construcción e saneamento, seguidas polas empresas textís, confección, calzado e artículos de coiro. Con respecto a grandes almacéns e hipermercados dentro do municipio só existen dous establecementos relacionados coas hostalería e alimentación.


Estás en Coñece O Pino Economía

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information