O Alcalde

alt

Benvidos a esta nova páxina web coa que pretendemos abrir un novo canal de comunicación, que nos permita achegarnos a todos vós, veciños e veciñas de O Pino. Ó mesmo tempo, queremos que esta plataforma sirva de coñecemento deste fermoso e interesante municipio fóra das liñas que delimitan as nosas fronteiras.

Todos os que queirades coñecer o noso concello, veredes que O Pino conta cunha carta de presentación onde están representados os sectores básicos: urbanismo, servizos sociais, desenvolvemento local, deportes, cultura, educación, turismo, historia, xuventude,…

Desexo, pretendo e espero que esta ferramenta sexa unha referencia diaria para todos os veciños e veciñas. Un lugar onde localizar formularios que precisedes para diferentes actividades, un espazo para consultar información, así como novas municipais, actos deportivos e culturais entre outros, un enclave onde viaxar pola historia para saber algo máis do lugar onde vivimos, un foro onde enviarnos ideas e suxestións que poidamos poñer en marcha, etc. Esta páxina web será un lugar aberto, que continuamente actualizaremos. É un punto de partida, o resto do camiño podemos facelo xuntos.

O Pino está a mudar de imaxe. Novas residencias, novas alternativas comerciais, novos veciños e veciñas, novas inquedanzas e novas tecnoloxías. Esta páxina que estades consultando irá complementada con outra serie de iniciativas que pouco a pouco se irán convertendo en realidade, para seguir axilizando e facendo máis cercana a administración pública e para potenciar outras áreas.

Se sodes veciños/as, lembrade que os paseos reais son moito máis interesantes e no concello aínda tendes moito por descubrir, e nesta mesma páxina figuran algunhas ideas e propostas. Se sodes visitantes, quedades convidados simplemente a descubrirnos. Os argumentos son básicos: natureza, historia, servizos e sobre todo, tranquilidade, a través do Camiño Francés a Santiago.

Así nos presentamos. O Pino no bo camiño e camiñando con futuro.

Gozade da vosa estancia nesta páxina web.

Recibide un saúdo.

Manuel Taboada Vigo


Estás en Concello O Alcalde

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y ofrecerle una mejor experiencia en la web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Para ver más información sobre las cookies haz clik aquí.

Aceptas las cookies de nuestra web.

EU Cookie Directive Module Information