

Dentro da área de turismo do Concello de O Pino trabállase co fin de asegurar a sostibilidade deste sector no noso municipio, que xira en torno a un eixo principal, o Camiño de Santiago.
Preténdese potenciar o valor cualitativo do territorio e asegurar a conservación dos seus recursos culturais e naturais. Cara este fin diriximos os nosos esforzos dende a corporación local, poñendo en marcha actuacións que promovan o desenvolvemento integral do territorio de O Pino.
Trabállase cara o desenvolvemento e consolidación dos productos primarios do territorio, como son o turismo rural e o Camiño de Santiago, e cara a identificación e xeración de novos productos turísticos complementarios a estes, conformando así unha oferta de ocio integral.
O traballo que se está a desenvolver dende esta área permite determinar o potencial turístico de O Pino, de cara a posta en valor dos seus recursos patrimoniais para conseguir o firme propósito de recuperación da cultura e o patrimonio. O desenvolvemento dos productos turísticos primarios, a xeración dunha oferta complementaria coherente e innovadora, así como a conversión do turismo nun sector económico sostible, prestando especial atención ó factor medio ambiental, son as premisas básicas que presiden a proposta de dinamización de O Pino.
Dentro das actuacións de conservación do patrimonio, o Concello de O Pino, realizou unha completa catalogación dos recursos patrimoniais municipais, que están recollidos informáticamente nunha páxina web, na que os usuarios poden obter fotografías e información acerca de todos os bens culturais, naturais e etnográficos do municipio.